Thursday 02 de May de 2024

O Concello de Ordes inicia as clases de fotografía dixital


O Concello de Ordes vén de iniciar as clases de fotografía dixital incluídas no seu programa cultural e deportivo deste trimestre. O fotógrafo e artista visual Xosé Rivera é o encargado de levar a cabo esta iniciativa formativa na que participan preto dunha trintena de persoas. Na primeira das sesións, que teñen lugar os sábados en horario de mañá, abordáronse conceptos básicos da composición fotográfica. Como primeira práctica relaizouse a toma dunha fotografía cunha cámara estonospeica, construída cunha simple caixa metálica.